El Museo MARCO y la sede de la Deputación de Pontevedra en Vigo acogerán del 7 al 11 de octubre, la primera edición de Impulsa Cine – Encontro de Redes Galegas e Lusófonas de Cinema, un espacio de encuentro, aprendizaje y creación de oportunidades alrededor del cine en Galicia, Portugal y Brasil. Durante cinco días, profesionales y público general tendrán la oportunidad de asistir a masterclasses, mesas de debate y talleres que exploran las nuevas dinámicas de producción y distribución audiovisual.
El proyecto Impulsa Cine nace con la vocación de fortalecer vínculos cinematográficos e impulsar la colaboración entre Galicia y los países lusófonos. La programación está compuesta por una masterclass, tres mesas redondas y un taller de herramientas de inteligencia artificial aplicadas a la creación audiovisual.
La entrada a las actividades es libre y gratuita. La iniciativa está promovida por la productora gallega Abella Producións y cuenta con el apoyo del Ministerio de Cultura.
PROGRAMA
Martes 7 de outubro ás 17:30h | MARCO Masterclass | Proxectos iberoamericanos
Sesión a cargo de Tathiani Sacilotto, directora de PNG Pictures (Portugal), produtora con máis de 30 filmes coproducidos internacionalmente. A sesión ofrecerá ferramentas prácticas para desenvolver proxectos audiovisuais noutros países da rexión iberoamericana: desde a procura de socios ata a distribución, pasando por negociacións de coproducións e aproveitamento de recursos locais. As persoas participantes poderán presentar ideas e recibir os consellos da experta.
Mércores 8 de outubro ás 17:30h | Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo Mesa redonda | Fronteiras creativas: produción transnacional no cinema lusófono e galego Convidados: PNG Pictures (Portugal), ICTMI – Incuba Cultura (Brasil) e o Festival Cine Amadora (Portugal).
A conversa explorará como os proxectos de coprodución lusófono-galegos enriquecen o panorama audiovisual grazas ao intercambio de talento, recursos e miradas culturais. Entre os relatores estarán Tathiani Sacilotto e António Ferreira, impulsores de proxectos con ampla proxección internacional; Eron Quintiliano, director do Festival Cine Amadora e figura clave no ámbito cultural luso-brasileiro; e Claudio Gimenez, presidente do ICTIM, cunha traxectoria na innovación cultural en Brasil.
Xoves 9 de outubro ás 11:00h | MARCO Mesa redonda | Plataformas de streaming e o seu impacto na difusión e produción cinematográfica Convidados: Maricá Filmes (Brasil), CREA (Galicia) e Vigo Film Office (Galicia).
Espazo de análise sobre como as plataformas públicas de streaming revolucionaron os modelos de difusión, abrindo espazo para novas voces e democratizando o acceso ao cinema. Intervirán Ana Tendler, responsable de Maricá Filmes (primeira plataforma pública de streaming no Brasil), Xoan Escudero de CREA, e Amaia Mauleón, directora da Vigo Film Office, quen achegarán as súas experiencias na promoción de producións independentes e na conexión co público.
Venres 10 de outubro ás 11:00h | Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo Mesa Redonda | Impulsar a produción: Estratexias para audiencias diversas Convidados: Baño Films (Galicia), Agência da Curta Metragem (Portugal) e Proxecta (Galicia).
O diálogo centrarase en como facer que o cinema galego-lusófono chegue a audiencias diversas e internacionais, mantendo a súa autenticidade cultural. Participan Milo Baño, con décadas de experiencia na distribución cinematográfica en Galicia; Miguel Dias, director do festival Curtas Vila do Conde e experto na promoción internacional de curtametraxes; e Ángel Sánchez, director do festival Play-Doc e presidente de Proxecta,Coordinadora Galega de Festivais de Cinema.
Sábado 11 de outubro ás 11:00h | MARCO Masterclass | Escenarios da IA e as súas aplicacións audiovisuais
Impartida polo especialista galego Marcos Mosquera, con máis de 20 anos de experiencia en animación, motion graphics, VFX e postprodución. Compaxina o seu traballo freelance coa docencia na Universidade de Vigo, impartindo clases en mestrados sobre vídeo, motion graphics e postprodución. As persoas asistentes traballarán en equipo para coñecer ferramentas como ChatGPT, Runway ou DALL·E, aplicándoas en cada etapa do proceso creativo, desde a conceptualización ata a postprodución.