A PANIFICADORA

Antiga fábrica de pan

Antiga fábrica de pan e fariñas. Estivo en actividade produtiva entre 1924 e 1980. Atópase no centro da cidade, no barrio da Falperra; a media altura entre o monte do Castro e a ribeira do Berbés. A construción caracterízase polo uso masivo de formigón armado, unha solución de enxeñería nova na súa época.