ROTEIRO POR UN VIGO DE CINEMA
Vigo é unha cidade de cinema, dentro e fóra da gran pantalla. As súas rúas, as súas praias, o seu patrimonio histórico, artístico, paisaxístico e industrial e a súa impresionante Ría convenceron a grandes directores ao longo da historia para elixila como escenario das súas rodaxes.
Neste roteiro -que che podes descargar aquí ou acceder a través do código QR da App Vigo- mostrarémosvos algunhas localizacións do centro da cidade nas que se rodaron escenas inesquecibles da sétima arte. Un roteiro a pé duns 3,5 quilómetros e unha duración aproximada de 2 horas na que descubrirás as localizacións de películas como “Os luns ao sol”, “Toro”, “Lena” ou series como “Un asunto privado”, “A Unidade” e “Auga seca”.
Percorrédea connosco e sentirédesvos, máis que meros espectadores, parte da historia que vos cativou na pantalla.
Luces, cámara e… Acción!
DE “ROMERÍA” CON CARLA SIMÓN
Os turistas que cheguen a Vigo poderán percorrer con este roteiro as principais localizacións que aparecen na película “Romaría”, que pecha a triloxía máis intima da directora Carla Simón. O percorrido visita desde o Casco Vello ao Porto Deportivo, pasando por Bouzas, praias como as de Tombo do Gato e A Fonte, e invita ademais a desprazarse ata as Illas Cíes e á Illa de Toralla, ambas as con moito protagonismo na película.
Está dispoñible en galego, castelán e inglés.
A cinta, que se estreou con moito éxito en 2025, foi preseleccionada para os Oscar e tivo seis nomeamentos para os Premios Goya, entre outros moitos galardóns.
Pódescha descargar aquí ou acceder a ela a través do código QR e desfrutala na App Vigo, onde ademais poderás desfrutar de material fotográfico e vídeos da película en cada unha das localizacións.
Desfruta connosco desta fantástica romaría!


