PRAZA DA CONSTITUCIÓN
A praza máis emblemática de Vigo
A praza da Constitución fai as veces de Praza Maior. Declarada Conxunto Histórico pola Xunta de Galicia, dá entrada ao centro histórico da cidade. Desde ela podemos ver perfectamente as torres da Concatedral. A praza ten planta rectangular e está rodeada de edificios antigos de pedra con soportais e balcóns con rejería de forxa. Nesta praza tamén se atopan algúns edificios de interese como o antigo Concello, a casa natal de D. Casto Méndez Núñez e o brasón da familia Arines.