RÍA DE VIGO
Un brazo de mar repleto de fermosas vistas
A Ría de Vigo é a máis profunda e meridional das Rías Baixas. Esténdese en dirección nordés nunha lonxitude de 35 quilómetros desde a súa bocana en cabo Silleiro ata o seu punto máis profundo en Arcade, e cunha anchura máxima de 15 quilómetros. O seu doado acceso, profundo calado e tranquilas augas fan desta ría un refuxio ideal para a navegación e tamén para a práctica dos deportes náuticos.