RÚA PRÍNCIPE
A rúa comercial por excelencia
Príncipe é unha rúa peonil, a zona comercial máis emblemática da cidade. Aquí atópase o Museo de Arte Contemporánea MARCO e nos extremos da rúa están O Farol (punto de encontro dos vigueses) e o Sireno de Leiro, xa na Porta do Sol. Unha rúa animada e vital onde sempre hai xente.