MUSEO DO MAR
Un museo sobre unha antiga fábrica de conservas
Atópase nun lugar privilexiado, a beiras do mar, na parroquia de Alcabre. O museo foi proxectado polo arquitecto César Portela e por Aldo Rossi. A construción toma como base a estrutura dunha antiga fábrica de conservas e consta de tres edificios: un principal e outro anexo ao que se accede a través dunha pasarela, un acuario e unha cafetería.