PRAIA DE RODAS (ILLAS CÍES)
Un paraíso de area branca e augas cristalinas
Este fermoso areal une as illas de Monteagudo e Faro. Mide máis dun quilómetro de longo e 60 metros de ancho e caracterízase por unha area moi branca e fina e augas cristalinas de cor esmeralda. Atópase pegada ao peirao, polo que o acceso é moi sinxelo. Xunto a ela consérvanse zonas de dunas naturais.